Frenética

Baldomero Moreiras: Carteis, cartazes, affiches

Libro monográfico de artista

lingua galega

Textos de Xosé Poldras, Olga Pastor e Isidora Gil González.

Deseño e maquetación de Alba Fernández

15,00 

106 dispoñibles

Máis información

Baldomero Moreiras , creador incansable de obras de moi diversos formatos e disciplinas, recolle neste libro boa parte das súas obras en papel, que posteriormente foron reproducidas en forma de carteis, postais ou placas conmemorativas.

A través das voces de tres profesionais e amigos do autor, móstranse aquí o modo de pensar de Baldomero Moreiras e a creación destes carteis, que son, á súa vez, un claro exemplo do imaxinario colectivo da provincia de Ourense.

O artista local está presente, impregnando a nosa rutina. Pasa a formar parte da nosa vida e da nosa imaxinación diaria. Por iso, cando distinguimos a súa pegada en calquera recuncho, invádenos unha tranquila sensación de familiaridade e pertenza. Todos unidos polo fío condutor da estética dos nosos artistas.

(Fragmento do libro)

Baldomero Moreiras (Celanova, 1955) vive e traballa en Paderne, Ourense.

Este libro monográfico sobre Frenética está coeditado coa Fundación Curros Enríquez de Celanova e financiado polo Concello de Celanova e a Deputación de Ourense.

Preséntase o 3 de agosto de 2023 en “A casa dos poetas”, sede da Fundación Curros Enríquez, en Celanova.

Acompaña a exposición das obras que se expoñen desde ese día ata setembro no mesmo recinto e realizaranse outras presentacións en Ourense.