Arte postal ou arte correo
Que é?
Postal Art (AP) ou arte postal, en inglés Mail Art, é un movemento planetario de intercambio e comunicación a través do medio postal. (Wikipedia )
Fluxus , os novos dadaístas dos anos 60, foron os pioneiros en internacionalizar esta divertida forma de crear, compartir e darse a coñecer.
A base desta forma de arte é a comunicación e a difusión altruísta de cada peza. Todo é aceptado, non hai limitacións nin regras. Podemos dicir que o Mail Art é unha forma moi punk de crear.

Trátase de enviar pezas artísticas a través do correo postal tradicional onde todo conta: O sobre (ou o recipiente elixido), o selo e o contido (que pode ser calquera cousa que poidas imaxinar… postais, estampas, collages, pequenos obxectos… Trátase, obviamente, de pezas de baixo custo, pero contribúen esencialmente a un movemento artístico social interplanetario que xa pertence á historia da arte.
Frenética abre unha convocatoria para a recepción de pezas de Mail Art coa intención de crear unha colección conxunta que deixe pegada e contribúa a este movemento.
Aquí as regras e deberes de ambas as partes:
- Frenética é un Laboratorio de Arte e Edición, por iso, como primeiro tema propoñemos “Personaxes de Libro”
- Liberdade de creación absoluta en canto a técnica ou estilo.
- Non hai xurado nin selección. Todos as obras estarán expostas na nosa oficina/galería e nas nosas redes sociais. (Reservámonos o dereito de rexeitar traballos que atenten contra a dignidade individual ou colectiva por razóns de raza, sexo ou orientación sexual)
- Identificación: Para catalogar, indicar nome, apelidos e enderezo postal
- Realizaremos un catálogo dixital e de difusión gratuíta con todos os traballos recibidos para, deste xeito, preservar a obra e a autoría na historia desta arte.

Recibimos obra nas oficinas físicas de Frenética en:
R/ Antonio Puga nº5 Baixo – 32002 – Ourense – España (o envío será exclusivamente por correo postal con selo e matasello)
Agardamos que este sexa o comezo dun fermoso evento, unha fermosa colección conxunta e unha experiencia inesquecible.
Interesante artigo sobre Mail Art: https://www.merzmail.net/campal.htm