Luz Darriba é unha artista multidisciplinar que está deixando unha profunda pegada no contexto cultural e social na España contemporánea. Sobre todo en Galicia, e onde mais, en Lugo, onde vive desde o ano 90.
O Ministerio de Cultura concedeu a Olga Pastor (directora da Frenética Lab) unha axuda de Investigación para a promoción da arte contemporánea española.
Mediante estudo, entrevistas e unha continua convivencia coa artista, nada en Montevideo no ano 1954, Olga está desenvolvendo unha importante compilación de dados, arquivos, textos e experiencias que pasarán a formar parte da historia da arte de España e do mundo.
Luz Darriba deuse a coñecer sobre todo polos seus proxectos efémeros que reflexionan sobre as inxustizas sociais. Nestes eventos, participa o pobo, a xente, público e participante imprescindible nunha obra que nace precisamente para el.
En Frenética Lab, iremos actualizando esta investigación achegando a esta páxina da web diversas entrevistas e novidades. Recomendamos atención, porque realmente merece a pena.