Xa temos data e lugar para o lanzamento do noso próximo libro: “Las Certezas del Sol”. Un poemario de Emily Dickinson interpretado coa arte da artista Marita Carmona. Será no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, acompañados dos nosos grandes amigos do Ateneo . Non podemos estar máis emocionados. “Las certezas del sol” é o noso terceiro libro. O primeiro en lingua castelá. No acto gozaremos dunha charla sobre o libro, a edición, o proceso, os poemas, a importancia da autora, a arte de Marita Carmona, as súas obras e, se temos sorte, recitaremos parte do contido. Teremos a oportunidade de ver in situ os debuxos orixinais do autor. É unha ocasión única, xa que se trata de pezas moi delicadas e non sempre estarán dispoñibles. Non o podes perder. A artista asinará exemplares.
Será o venres 13 de decembro ás 19:00 horas no Centro Cultural Marcos Valcárcel. No salón de actos.
Vémonos!